-“…digocho eu,
o rapáz sabe xogar ó xadrez, vaites se non sabe”. Foi o Pirata
quen mo dixo. Seguro que foi o Pirata, o home que soña con
sapoconchos a cruzar estradas : “Amodiño con el, porque é
campeón xuvenil de España da ONCE, un tipo perigoso, como cho
conto…”
- Ramón Escudeiro Tilve, xogador da Escola de Xadrez de Pontevedra. Así é como se chamaba. Recordoo ben. Era noviño, case imberbe, un adolescente.
- Ramón Escudeiro Tilve, xogador da Escola de Xadrez de Pontevedra. Así é como se chamaba. Recordoo ben. Era noviño, case imberbe, un adolescente.
-… no ano do
ascenso, si, en 2007. Lembroo ben. Inda que nese momento as nosas
esperanzas eran case nulas, pois que precisabamos que se dera un
bo feixe de resultados extraordinarios para acadar o noso anceio.
E inda por riba tocábame xogar co chacho.
- A partida foi
complicada, vaites se non foi. O guicho comezou a apretar no
taboleiro. Canto mais apretaba mais me remexía eu na silla.
-Que se che deixo
ver a planilla para poder reproducir a partida?. Iso quería!. Pero
cando cambiei de casa perdín unha morea delas.
- Pois como che
dicía. O tipo apretaba, e obrigábame a non perder a concentración.
¿Os compañeiros do equipo?. Preocupados, claro.
-… non sei que
che diga. De súpeto atopeime con dous peóns mais. “Dios mueve al
jugador y este la pieza”. Estaba contento, tiña a partida
gañada.
- Si, o fulano fincou os cóbados
contra a mesa.. O rapaz tiña un aquel para mover xente de madeira e
comprendín que non ía renderse. Non me deixou un momento de
acougo diante do taboleiro.
-…si, a partida acabou en
tablas. Foron unhas tablas tolas, un empate salvaxe. Unha boa
pelexa, un combate intenso cos dous púxiles ao borde do K.O,
digocho ben.
- O tipo sabía apretar os
dentes. Vaites se non sabía. E tanto os apretou que seica disque
acadou o seu sexto título xuvenil de España de xadrez da ONCE,
tres días antes de que comezara a vivir para sempre no noso
recordo.